|
Poblado
Areas
Sumario
Compras |
NOVAS - NOVAS - NOVAS - NOVAS - NOVAS - NOVAS - NOVAS - NOVAS - NOVAS Si queres saber o tempo que teremos en Viana pica aquí abaixo ... ¿EN QUE LUGAR DE VIANA CHE GUSTARÍA QUE SEXA COLOCADO ESTE BOTEIRO? ... Podes deixar o teu voto no "Libro de Visitas" que temos en "Foros", ou se o prefires enviando un mail á dirección que aparece na área "Contáctanos". Pincha enriba da imaxe para ver as fotos do Boteiro. 12-11-09 - SAN MARTIÑO Dende a web de Baños (A Veiga) nos felicitaron o día do San Martiño facéndonos chegar esta cesta de bullotes. 11-11-09 - VINA NO XORNAL O SIL O Xornal O Sil publica no seu número de novembro as novas de refernecia vianesa que aquí adxuntamos. 09-11-09 - BANDO DO CONCELLO 09-11-09 - C.D. VIANA Despóis de gañar esta fin de semana na casa da S.D. Bande por dous goles a cinco, o C.D. Viana segue nos postos altos da clasificación. O equipo vianés de Fútbol Sala descansou nesta xornada e segue tentando fuxir dos postos baixos da clasificación. 09-11-09 - CHOUPÍNS O noso amigo José Benito nos achega estas fotos da "choupiñada" que colleron na fin de semana. 09-09-09 - BOTEIRO Este Boteiro feito por Huesi, Piquico, e os arxentinos Gervasio e Severino (fillo dunha emigrante vianesa natural de A Abeleda en Pinza), que ten 3,40 metros de altura e está tallado nun tronco de castiñeiro empezaba a tomar forma este verán na Praza Maior ante a vista de todos os que por alí paseaban. Na actualidade están dándolle os derradeiros retoques a esta fermosa obra, para posteriormente enterralo durante unha tempada en purín misturado con sulfato de cobre e virutas de ferro, para lograr que a peza colla unha cor de ferruxe, que non rache a madeira, e que poida ser colocado á intemperie soportando as inclemencias do tempo. Os creadores deste Boteiro queren doalo ó pobo de Viana de xeito totalmente altruista, pois pretenden que sexa un agasallo para os vianeses e que sexamos todos os que decidamos en que lugar da vila colocalo (sempre que sexa viable o emplazamento escollido). É por esto que podedes achegar as vosas propostas a esta web, as cales serán computadas e entregadas a quen proceda para lograr que o Boteiro sexa instalado no lugar maioritariamente escollido. Podes deixar o teu voto no "Libro de Visitas" que temos en "Foros", ou se o prefires enviando un mail á dirección que aparece na área "Contáctanos". Nós facemos a primeira proposta votando por que sexa colocado na Praza María Pita no lugar no que ata hai ben pouco estaban as dúas cabinas, pois pensamos que luciría dun xeito especial nesta Praza que agora está sendo restaurada (ademáis de que é unha zona de paso e todos os que circulen por Viana poderían disfrutar do personaxe máis enxebre da nosa terra). Nota: pincha sobre a imaxe de aquí debaixo para ver o álbum coas fotos do Boteiro. 16-08-06 - SAN ROQUE |
|||||||||||

