|
Poblado
Areas
Sumario
Compras |
FESTA DA ANDROLLA O “Domingo Gordo” de Entroido celébrase a Festa Gastronómica de maior arraigo e sen dúbida tamén a máis coñecida fora do concello vianés. A primeira edición celebrouse no ano 1.970, cando setenta comensais se reuniron nos baixos do antigo Clube Náutico para degustar este embutido nun banquete servido polo Hotel Espada de A Rúa de Valdeorras. Dende ahí foi trocando de escenario, pois ó ir aumentando o número de comensais precisábase dun comedor que os poidera albergar a todos, polo que pasou a servirse o xantar no Comedor e no Ximnasio do Colexio de E.X.B., para rematar celebrándose no Pavillón Polideportivo. Pasouse por tanto daqueles primeiros setenta convidados, ós máis de mil cincocentos que se xuntan na actualidade. O xantar está composto por: - Caldo con Picatostes. - Cachelos, grelos, androlla, lacón e chourizo. - Cordeiro asado. - Bica de Viana. - Bombóns Vianos. - Café de pote. - Queimada. - Viño do País. Os comensais levan como lembranza e recordo da Festa a cunca e o vaso de barro que usaron no xantar. A Festa remata con unha gran Queimada. Co gallo desta Festa, o Concello organiza un concurso de carteis no que o que resulta gañador ten a honra de ser publicado ese ano en tódolos anuncios da festa. Dende o ano 1.969 ata o 1.983 estos carteis eran deseñados por D. Herminio Moreno García, técnico dunha empresa hidroeléctrica, que residiu en Viana. |
|||||||||||

