|
Poblado
Areas
Sumario
Compras |
COMARCA DE VIANA A Comarca de Viana está formada polos municipios de: VIANA DO BOLO - A GUDIÑA - A MEZQUITA e VILARIÑO DE CONSO. A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, ten encomendadas as funcións que establece a Lei 7/96 do Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia, que ten como finalidade fundamental a implantación dun modelo equilibrado, baseado na dinamización dos recursos locais ou endóxenos. A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia configúrase como unha sociedade anónima de carácter instrumental e de servizos de apoio ao desenvolvemento territorial, constituída pola Xunta de Galicia, cuxo obxecto é a realización de actividades de investigación e a prestación de servizos relacionados cos estudios, a planificación territorial e o desenvolvemento comarcal. Así mesmo, encárgase da elaboración de estudios, programas, proxectos, plans e accións de desenvolvemento local e comarcal. Estas actuacións teñen como característica diferenciadora o seu carácter multisectorial, é dicir, que teñen en conta a integración do desenvolvemento socioeconómico, a planificación do territorio e o medio ambiente. O Mapa Comarcal Galego quedou estructurado en 53 comarcas: 18 na provincia da Coruña, 13 na de Lugo, 12 en Ourense e 10 en Pontevedra. A organización comarcal de Ourense está máis definida que noutras provincias galegas. A conxunción destes factores sobre o territorio deu lugar a unha estructura territorial na que se poden diferenciar tres áreas funcionais. A máis extensa é a occidental, que corresponde á área de influencia directa da capital. A ela pertencen sete Comarcas, que son, agás da Comarca Urbana formada arredor da aglomeración de Ourense, as comarcas de O Ribeiro, O Carballiño, Allariz-Maceda, Terra de Celanova, Terra de Caldelas, Baixa Limia e A Limia. O sector oriental da provincia está máis desarticulado funcionalmente, e as súas catro comarcas estructúranse en dúas pequenas áreas funcionais: ó norte, a que corresponde a área de influencia do Barco de Valdeorras (Comarca de Valdeorras e Terra de Trives), e ó sur, a área de influencia de Verín, que abarca a Comarca do seu nome; entre as dúas queda a Comarca de Viana, que tamén ten vinculacións con Valdeorras. |
|||||||||||

